ROCKDABALLO E ROCKBALIZA

As nosas cousiñas.

Un día de Rafting

martes 30 setembro 2008

A pasada fin de semana, aproveitando a celebración dunha despedida de solteiro, un grupo de amigos decidimos facer un descenso en  rafting. A actividade desenrolouse dende Ponte Sinde ata preto de Herbón, uns sete quilómetros de percorrido polo río Ulla, gozando dunha marabillosa paisaxe  e dunha actividade moi participativa e por momentos intensa. Unha boa maneira de disfrutar da tarde do sábado compartindo cós amigos natureza e deporte.
A organización da actividade correu por conta da empresa Turnauga, especializada en deportes de aventura, e nela participaron en torno as sesenta persoas. Seís balsas inchables , cuns nove tripulantes máis un monitor, este último encargado de intentar capitanear a embarcación, empresa difícil a de poñer orde na tripulación de cara a acometer os rápidos naturais que nos ofrece este río Ulla. Este é un descenso calmo no momento que nos atopamos, xa que o caudal moderado do río suaviza a velocidade que se alcanza nos rápidos, converténdoo no apropiado para iniciarse neste deporte.
Nas zonas máis suaves do descenso disfrútase de abordaxes, relaxantes baños no río, algún que outro non desexado e planfícase a forma de acceder o seguinte rápido.
Qué máis dicir unha actividade que lle recomendo a todo o mundo, xa teño ganas de voltar, iso si, xa con un caudal máis abundante para disparar un pouco a adrenalina.
 
Saudos a tod@s.
www.turnauga.com


























 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado